Certame de Oratoria Letras Galegas 2026

Tras unha primeira edición que contou coa participación de máis de 80 estudantes, este ano volveremos con este certame para reivindicar a nosa cultura.


Lugo acollerá o sábado 9 de maio de 2026 a mozos e mozas de entre doce e catorce anos, nun torneo que, á vez que permite aos participantes dar os seus primeiros pasos no mundo da comunicación, pon en alza o gran valor da literatura galega cun formato novo.


Equipos de entre dous e tres integrantes enfrontaranse ao longo de toda a xornada a diferentes probas que lles permitirán desfrutar, aprender habilidades lingüísticas e ampliar os seus coñecementos sobre autores galegos.


As inscricións xa están abertas, esperámosvos!