DISCURSOS LD26

Torneo Discursos Lugo Debate 2026 - Categoría Universidades

Tes algo que dicir. Tres minutos e medio abondan.

O Torneo de Discursos de Lugo Debate abre a súa categoría universitaria como un espazo competitivo e inspirador para estudantes do campus de Lugo da USC e doutras universidades que queiran poñer voz ás súas ideas e probarse diante do público. Non buscamos expertos: buscamos mensaxes con intención, persoas con criterio e ganas de comunicarse mellor.

Participarás cun discurso breve, intenso e persoal, pensado para impactar, emocionar ou facer pensar. É unha competición, pero tamén un escaparate: unha oportunidade de subir a un escenario real, dentro dun dos torneos de debate con máis traxectoria de Galicia.

Como funciona (o esencial)


Cada participante escolle un dos tres temas propostos e prepara un discurso de 3 minutos e medio, cunha pequena marxe de tempo. Non é un exercicio argumentativo clásico: valorarase sobre todo a claridade, a estrutura, a coherencia, a orixinalidade e a calidade retórica.


A competición desenvólvese en tres fases:
– unha primeira fase presencial,
– unha selección co apoio do voto do público,
– e unha gran final durante o último día do Torneo Lugo Debate.


Antes de competir, os participantes contarán cunha sesión de preparación e feedback cos xuíces profesionais do torneo, pensada para pulir o discurso e gañar seguridade no escenario. Aprender forma parte da experiencia, gañes ou non.

Datas clave

A primeira fase terá lugar o 6 de marzo ás 12:00, no Salón de Plenos do Concello de Lugo.


A final celebrarase o 11 de abril de 2026, no marco do Torneo Lugo Debate.


Temas dos discursos
Os discursos deberán responder a unha das seguintes preguntas:

Penso, logo existo?
• Elixir é renunciar: somos máis libres ou máis fráxiles que nunca?
• Se a realidade é unha construción das nosas percepcións, pode existir a verdade obxectiva?


Non hai unha resposta correcta. Hai discursos que funcionan.